Que?


O Festival do Río Castro vai xa pola súa XXV edición. Un cuarto de século xuntos grazas a que fostes moitos e moitas quen nos apoiastes e fixestes medrar.  Neste 2018 volvemos ter un programa cheo de actividades, xogos, espectáculos de tarde e, sobre todo, boa música pola noite. Un programa que, precisamente por ser a 25ª edición, vai ser moi especial.

Seguimos mantendo a filosofía que nos viu nacer: reivindicar a cultura e o respecto polo ambiente por medio dunha xornada de festa que, en certa maneira, tenta recuperar o espírito das romarías campestres de antano, hoxe alagadas na lucería, os escenarios móbiles e os ritmos monocordes de alén do Atlántico.

A través deste blog queremos informarvos de todo o que vai ocorrer o 7 de xullo no lugar da Bóla. Ademais, tamén podedes seguir o noso labor a través do perfil da Asociación veciñal O Castelo de Naraío en Facebook.

Xa sabedes, o primeiro sábado de xullo todo o mundo a Naraío para gozar  dun día de festa moi especial. Se nunca viñestes, velaí a distribución do espazo do noso festival:

 



Colaboran:


Co patrocinio de:

Co patrocinio de: