Achégate


Ver Festival do Río Castro nun mapa máis grande


Chegar a Naraío non ten ciencia. Tal e como vedes no mapa está moi preto de Ferrol e da autoestrada AP-9. Se decidides achegarvos até o festival, tedes que saber que dispoñemos de áreas de acampamento e que a só cinco minutos temos aloxamentos algo máis cómodos:

Hostal-restaurante Carballo, en Vista Alegre (Narón). 981 495 300.
Casa de Turismo Rural Outeiro, en San Sadurniño. 981 490 269/ 678 739 987

Moito que ver...
Ese día convidámoste a que descubras Naraío –se non o fixeches aínda-, un lugar no que te agarda un riquísimo patrimonio histórico e paraxes naturais ben fermosas. O castelo, a ponte da Ferrería co seu cocho de pedra, a fonte de San Roque, a igrexa de Santa María e as mostras de arquitectura tradicional que aínda se poden ver no contorno, daranche conta da nosa historia e de xeitos de vida desaparecidos.

Naraío posúe unha área recreativa pública ao pé do castelo medieval e centos delas conformadas pola propia paisaxe. Desde o alto de Racamonde –o máis elevado do concellopode observarse entre muíños de vento toda a terra de Trasancos e incluso o mar. Desde a Louseira –outro dos miradores naturais de Naraío a onde os eólicos aínda non chegaron- en días claros a vista alcanza ata a Coruña nunha panorámica que percorre Ferrol, Ares, Pontedeume e Sada.

Como poderedes ver no propio contorno da Bóla, a natureza é outro dos grandes atractivos de Naraío. O val conformado polo Castro pón ao voso alcance varios roteiros que seguen camiños milenarios entre loureiros, carballos, cerdeiras e castiñeiros. Para gozar de todo o que Naraío pode ofrecervos non vos chegará un día, e moito menos o día do Festival. Por iso, xa sabedes….haberá que volver outro día con máis vagar


Nas ligazóns da web do Produto de Dinamización Turística Ferrol-Ortegal podedes atopar todos os recursos que precisades para quedar con nós e pasar uns días moi agradables.

       Oferta de aloxamentos
       Oferta gastronómica
   

    Co patrocinio de:

    Co patrocinio de: